Voltamos das vacacións de Nadal con moitas ganas de seguir aprendendo e gozando xuntos de novas experiencias! Por iso, o vindeiro día 30 de xaneiro, despois do recreo, levaremos a cabo unha actividade no patio cuberto para celebrar o Día Internacional da Paz. Primeiro recitaremos os versos da canción escollida, e logo colocaremos unha grulla de papel feita de forma colaborativa entre todos os compañeiros e compañeiras da aula. Para finalizar a actividade, todos xuntos cantaremos a canción "Que viva a paz e o amor". Estade pendentes porque colgaremos fotos desta celebración!!!
Se queredes ir practicando nas vosas casas, aquí vos deixamos a letra da canción:
QUE VIVAN A PAZ E O AMOR!
Cantemos collidos da man este
son:
Que vivan a paz e o amor!
Unamos os pobos sen odio e
rancor:
Que vivan a paz e o amor!
Que todos os nenos levanten
as mans.
Que todos os nenos levanten
a voz.
Máis guerras non!
Máis odios non!
Que vivan a paz e o amor!
Amigo de lonxe, que importa o
lugar?
Que vivan a paz e o amor!
Xuntémonos todos. Cantemos en
paz:
Que vivan a paz e o amor!
Que todos os nenos levanten
as mans.
Que todos os nenos levanten
a voz:
Máis guerras non!
Máis odios non!
No hay comentarios:
Publicar un comentario