viernes, 24 de abril de 2015

ENTROIDO!

O pasado 12 de febreiro celebramos na nosa escola o Entroido. Nesta ocasión, e seguindo coa temática deste ano, todos os cursos e os/as mestres/as nos disfrazamos das diferentes etnias e pobos do mundo que estamos a traballar. 
Pasamos momentos moi divertidos e agradables vendo as actuacións que cada curso tiña preparadas para o noso deleite. 
Puidemos gozar coa actuación dos nenos e nenas de Educación Infantil que nos transportaron ao mundo da India e "Bollywood".  Os/as de primeiro fixeron un paseo disfrazados de esquimós, para logo deleitarnos cun divertido desfile de moda. Tamén gozamos moito coa actuación do segundo curso que interpretaron o baile "Rasputín", vestidos coa indumentaria rusa. Se Rusia nos quedaba lonxe, os nenos e nenas de terceiro e cuarto leváronnos á outra punta da Terra, ata Perú e México respectivamente!. 
Como non podíamos esquecernos do continente africano, os nosos /as rapaces de quinto convidáronnos a bailar ao ritmo da etnia masai cunha interesante interpretación do musical do Rei León. O peche das actuacións dos nenos/as puxérona os compañeiros/as de 6º cunha canción moi alegre dos "Beach Boys", que nos levou ata Hawai mentres bailabamos alegremente. 
Como sorpresa final, que xa se está a converter nunha tradición, o profesorado da nosa escola interpretou un clásico: "La bomba" de King África. A algún/ha era difícil recoñecelo/a entre tanta pintura negra, por non falar desas pelucas tan grandes... Ao que sí puidemos recoñecer foi ao pequeno Nicolás, que xa sabemos que non lle gusta perderse ningún evento importante. 
Rematamos a celebración degustando deliciosas sobremesas típicas destas datas: orellas, rosquillas, filloas.... Mmmmmmm.....faiseme a boca auga só de lembralo!