viernes, 24 de abril de 2015

ENTROIDO!

O pasado 12 de febreiro celebramos na nosa escola o Entroido. Nesta ocasión, e seguindo coa temática deste ano, todos os cursos e os/as mestres/as nos disfrazamos das diferentes etnias e pobos do mundo que estamos a traballar. 
Pasamos momentos moi divertidos e agradables vendo as actuacións que cada curso tiña preparadas para o noso deleite. 
Puidemos gozar coa actuación dos nenos e nenas de Educación Infantil que nos transportaron ao mundo da India e "Bollywood".  Os/as de primeiro fixeron un paseo disfrazados de esquimós, para logo deleitarnos cun divertido desfile de moda. Tamén gozamos moito coa actuación do segundo curso que interpretaron o baile "Rasputín", vestidos coa indumentaria rusa. Se Rusia nos quedaba lonxe, os nenos e nenas de terceiro e cuarto leváronnos á outra punta da Terra, ata Perú e México respectivamente!. 
Como non podíamos esquecernos do continente africano, os nosos /as rapaces de quinto convidáronnos a bailar ao ritmo da etnia masai cunha interesante interpretación do musical do Rei León. O peche das actuacións dos nenos/as puxérona os compañeiros/as de 6º cunha canción moi alegre dos "Beach Boys", que nos levou ata Hawai mentres bailabamos alegremente. 
Como sorpresa final, que xa se está a converter nunha tradición, o profesorado da nosa escola interpretou un clásico: "La bomba" de King África. A algún/ha era difícil recoñecelo/a entre tanta pintura negra, por non falar desas pelucas tan grandes... Ao que sí puidemos recoñecer foi ao pequeno Nicolás, que xa sabemos que non lle gusta perderse ningún evento importante. 
Rematamos a celebración degustando deliciosas sobremesas típicas destas datas: orellas, rosquillas, filloas.... Mmmmmmm.....faiseme a boca auga só de lembralo!

viernes, 16 de enero de 2015

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Ola queridos amigos e amigas!
Voltamos das vacacións de Nadal con moitas ganas de seguir aprendendo e gozando xuntos de novas experiencias! Por iso, o vindeiro día 30 de xaneiro, despois do recreo, levaremos a cabo unha actividade no patio cuberto para celebrar o Día Internacional da Paz. Primeiro recitaremos os versos da canción escollida, e  logo colocaremos unha grulla de papel feita de forma colaborativa entre todos os compañeiros e compañeiras da aula. Para finalizar a actividade, todos xuntos cantaremos a canción "Que viva a paz e o amor". Estade pendentes porque colgaremos fotos desta celebración!!!
Se queredes ir practicando nas vosas casas, aquí vos deixamos a letra da canción:

QUE VIVAN A PAZ E O AMOR!
Cantemos collidos da man este son:
Que vivan a paz e o amor!
Unamos os pobos sen odio e rancor:
Que vivan a paz e o amor!
Que todos os nenos levanten as mans.
Que todos os nenos levanten a voz.
Máis guerras non!
Máis odios non!
Que vivan a paz e o amor!
Amigo de lonxe, que importa o lugar?
Que vivan a paz e o amor!
Xuntémonos todos. Cantemos en paz:
Que vivan a paz e o amor!
Que todos os nenos levanten as mans.
Que todos os nenos levanten a voz:
Máis guerras non!
Máis odios non!

Que vivan a paz e o amor!